Antes de nada, dicir que espero que estedes tódalas familias ben e
que , como estamos cumprindo coa nosa parte que é quedarnos na casa,
todo isto pase pronto.
Xa
sabedes que ,ademáis de mandar as propostas de traballo a través do blog, tamén aparecen na
páxina web do colexio. Pero son iso, propostas. Cada familia coñece a súa situación, pode observar cal é o ritmo de traballo do neno ou nena e non hai que "agobiarse".Son exercicios de repaso ,sobre todo. Ademáis de traballar un pouquiño cada día teñen que ter máis tempo do habitual para xogar, ler, comunicarse, bailar, debuxar, escoitar música...
Espero que nos vexamos pronto.
Unha aperta moi grande,
Asun
No hay comentarios:
Publicar un comentario