sábado, 28 de marzo de 2020
Aplicaciones educativas
Como alguien me ha dicho que no dispone de ordenador y a través de la tablet no puede abrir muchos de los recursos que pongo en el blog, aquí enlazo páginas que sugieren apps eductivas por si os interesa bajar alguna a vuestra tablet:
Robogenios.
Pequetablet.
Tiching.
Educación 3.0
Mariano Moreno.
Podéis seleccionar con la familia aquellas que sean gratis y os parezcan atractivas.
viernes, 27 de marzo de 2020
miércoles, 25 de marzo de 2020
Divisiones por 2 cifras
Lo prometido es deuda. Gracias a Actiludis aquí teneis más fichas para seguir practicando la división por 2 cifras ( por si a alguien se le han acabado ):
Grandes matemáticos.
Dragonball Z.
Star Wars.
Podéis elegir la temática que más os guste.
Aunque también podéis practicarlas online. Recordad que en la etiqueta de matemáticas de 4º hay alguna entrada.
A saúde
Estamos a traballar o tema da saúde en Ciencias da Natureza. Aínda que estades facendo o voso propio traballo, aquí tedes un LIM co que podemos repasar algo sobre isto que tanto nos está a preocupar ultimamente: A saúde.
E hai outro LIM sobre hábitos saudables.
Se queredes aprender e xogar: Hábitos saudables.
Actividade sobre as rutinas . Tedes que elexir se é día de colexio ou día de festa e...Sona o despertador!
Tamén temos que traballar a alimentación pero coa comida si se xoga.
Espero que ninguén precise ir ao hospital . Así que imos coñecer un por dentro pero dunha forma divertida e interactiva: No hospital.
lunes, 23 de marzo de 2020
¡Vamos de compras!
Seguro que ahora hasta echáis de menos algo que normalmente no os entusiasma, ir de compras. Podéis hacerlo de forma virtual con este LIM:
Monedas y billetes.
Cursos gratis de creatividad online
Además de los trabajos que ya os propuse para Plástica, si os animáis podéis seguir algún curso gratis de creatividad que propone Domestika.
domingo, 22 de marzo de 2020
Bó día
Antes de nada, dicir que espero que estedes tódalas familias ben e
que , como estamos cumprindo coa nosa parte que é quedarnos na casa,
todo isto pase pronto.
Xa
sabedes que ,ademáis de mandar as propostas de traballo a través do blog, tamén aparecen na
páxina web do colexio. Pero son iso, propostas. Cada familia coñece a súa situación, pode observar cal é o ritmo de traballo do neno ou nena e non hai que "agobiarse".Son exercicios de repaso ,sobre todo. Ademáis de traballar un pouquiño cada día teñen que ter máis tempo do habitual para xogar, ler, comunicarse, bailar, debuxar, escoitar música...
Espero que nos vexamos pronto.
Unha aperta moi grande,
Asun
viernes, 20 de marzo de 2020
Arquivo Escarlatina
Bo día! Alguén me comentou que non tiñades as páx. 47, 48 e 49 de Escarlatina. A 47 lembrade que xa a fixeramos (era a do recadro dos posesivos). Aquí vos mando neste arquivo adxunto as páx. 48 e 49. Quen non poda imprimilas pode facelas nunha libreta que teñades na casa ou en folios.
DESCARGAR
DESCARGAR
DESCARGAR
DESCARGAR
miércoles, 18 de marzo de 2020
Bó día
Que tal ides co traballo proposto? Xa sabedes que me podedes ir contanto a través dos comentarios.
Non esquezades que ademáis diso temos moitas actividades interactivas colgadas no blog.
Cada día vou engadindo cousas novas, incluso no apartado de "Páxinas interesantes" (Educlan, que ten agora moitos recursos educativos; Mundo Primaria, onde podedes aprender xogando ;o voso adorado Mathex, que desafía as vosas mentes e ao que podedes xogar coa familia...).
Agora ven un festivo e "días sen clase" pero para que non vos aburrades tedes un montón de xogos e actividades. Podedes ler e escapar a outros lugares coa imaxinación. Facede exercicio. Podedes ver a vosa serie favorita ou algunha película (incluso en inglés!)
E, sobre todo, aproveitade para desfrutar coa vosa familia xa que normalmente non temos tanto tempo. Mesmo podedes facer algunha receita para que chupen os dedos! As madalenas que fixeramos no cole, por exemplo .Se non lembrades a receita, decídemo que vola mando.
Unha aperta enorme!
martes, 17 de marzo de 2020
GeoGuessr
Se queredes viaxar polo mundo adiante intentando averiguar onde estades , aquí tedes un xogo de Google:GeoGuessr.
Estes días máis que nunca vennos moi ben para saír da casa de forma virtual!
Entradas interesantes
Observade que acabo de engadir dous novos enlaces en "Páxinas interesantes":
- Contidos educativos Abalar 4º.
- EducaLIM en galego(aínda que moitos non funcionan, hai algún que podedes aproveitar)
En galego hai moitos menos recursos que en castelán para traballar en rede, por iso me pareceron interesantes.
Lembrade que podemos comunicarnos a través dos comentarios no blog. Procurarei contestar a todos!
lunes, 16 de marzo de 2020
Que tal de primeiro día de clase a distancia?
COMENTARIOS
Só lembrar que podedes comunicarvos comigo facendo comentarios no blog. Dádeslle debaixo de calquera entrada a "No hay comentarios" , cubrides os datos que vos pide e listo! Non sairán ao momento porque teño que darlles o ok pero procurarei publicalos a diario.
Importante: poñede o voso nome no recadro "Nombre/URL" ou, se entrades como anónimos, poñédeo ao final da mensaxe. Non esquezades facer clic en "Publicar".
Ánimo e mans á obra!
domingo, 15 de marzo de 2020
Plástica e Valores
Traballos de Plástica para todo o tempo que dure a suspensión de
clases :
- Imos facer algún traballo relacionado coa primavera para colgalo
no noso Rincón Artístico.
- Tamén podedes facer algún traballo relacionado co Proxecto da
Biblioteca sobre os deportes con materiais reciclados.
Traballos de Valores para todo o tempo que dure a suspensión de
clases:
- Recoller noticias que xurdan durante este tempo sobre
solidariedade, empatía, gratitude, responsabilidade…
- Tamén podedes anotar os valores que atopedes en series ou
películas que vexades.
Numerais e indefinidos
Grazas a Luisa María Arias por este esquema!
Tamén grazas a un catedrático e unha catedrática de Galego xubilados, temos exercicios de galego na web
Completa usando numerais ou substantivos colectivos.
En Aprendo Galego temos de todo!
Tamén grazas a un catedrático e unha catedrática de Galego xubilados, temos exercicios de galego na web
ogalego.eu/.gal:
Escribe en letras estas cifras.Completa usando numerais ou substantivos colectivos.
En Aprendo Galego temos de todo!
viernes, 13 de marzo de 2020
Suspensión de actividade lectiva no colexio
Debido á suspensión de actividade lectiva nos centros de ensino, a mellor maneira de seguir en comunicación co meu alumnado é este blog no que veño enlazando, xa desde fai tempo, todas aquelas actividades interactivas que me parecían interesantes.
Hoxe só vos propoño ler a fin de semana ou traballar nalgunha das entradas do blog que vos interese.
A partir do luns, xa que tedes o material na casa , irei recomendando algunhas actividades.
Boa fin de semana!
jueves, 5 de marzo de 2020
miércoles, 4 de marzo de 2020
martes, 3 de marzo de 2020
Tablas de multiplicar
Las dificultades que nos encontramos en la división muchas veces se deben a que no nos sabemos bien las tablas de multiplicar. Para aquellos/as que necesiten : Tablas de multiplicar.
¡Incluso hay una prueba contrarreloj y un diploma!
lunes, 2 de marzo de 2020
Los números decimales

Partes de un número decimal
Lectura, escritura y significado de un número decimal
Las décimas
¿Sabeis utilizar la regla?
domingo, 1 de marzo de 2020
Suscribirse a:
Entradas (Atom)