miércoles, 30 de septiembre de 2009

As meninas de Velázquez

Xa que en Plástica o próximo traballo que imos a facer está relacionado coas Meninas de Velázquez,se queredes ir vendo algo de información sobre o tema atoparédela nun blog cun nome moi poético: alegría e cor.
Se queredes tamén podedes visualizar distintas versións das Meninas despois de Velázquez.

martes, 29 de septiembre de 2009

Queredes recorrer mundo coa lingua?

Seriades capaces de distinguir en que país estades simplemente vendo a televisión? Comprobádeo nesta páxina: As tres mellizas no Bosque das Palabras.

lunes, 28 de septiembre de 2009

Ola 6º B!

Benvidos ao curso 2009/2010 que espero que sexa o último no CEIP Ponte dos Brozos porque, se todo vai ben, o próximo ano iredes ao Instituto e empezaredes unha nova etapa da vosa vida.
Así que, a traballar moito para prepararse para todos esos cambios!

lunes, 6 de julio de 2009

Xeografía de Galicia


O prometido é debeda e quedara un dos mapas de Galicia que fixéchedes sen colgar no blog. Por iso, antes de ir de vacacións non podía deixar de facelo.

martes, 16 de junio de 2009

Áreas

Se queredes practicar como averiguar a área dalgunha superficie aquí tedes este recurso on line.

sábado, 13 de junio de 2009

Xeografía de Galicia





Recoñecedes o voso traballo?

Xeografía de Galicia





Espero que vos guste ver os vosos traballos no blog!

miércoles, 10 de junio de 2009