lunes, 16 de marzo de 2020
Que tal de primeiro día de clase a distancia?
COMENTARIOS
Só lembrar que podedes comunicarvos comigo facendo comentarios no blog. Dádeslle debaixo de calquera entrada a "No hay comentarios" , cubrides os datos que vos pide e listo! Non sairán ao momento porque teño que darlles o ok pero procurarei publicalos a diario.
Importante: poñede o voso nome no recadro "Nombre/URL" ou, se entrades como anónimos, poñédeo ao final da mensaxe. Non esquezades facer clic en "Publicar".
Ánimo e mans á obra!
domingo, 15 de marzo de 2020
Plástica e Valores
Traballos de Plástica para todo o tempo que dure a suspensión de
clases :
- Imos facer algún traballo relacionado coa primavera para colgalo
no noso Rincón Artístico.
- Tamén podedes facer algún traballo relacionado co Proxecto da
Biblioteca sobre os deportes con materiais reciclados.
Traballos de Valores para todo o tempo que dure a suspensión de
clases:
- Recoller noticias que xurdan durante este tempo sobre
solidariedade, empatía, gratitude, responsabilidade…
- Tamén podedes anotar os valores que atopedes en series ou
películas que vexades.
Numerais e indefinidos
Grazas a Luisa María Arias por este esquema!
Tamén grazas a un catedrático e unha catedrática de Galego xubilados, temos exercicios de galego na web
Completa usando numerais ou substantivos colectivos.
En Aprendo Galego temos de todo!
Tamén grazas a un catedrático e unha catedrática de Galego xubilados, temos exercicios de galego na web
ogalego.eu/.gal:
Escribe en letras estas cifras.Completa usando numerais ou substantivos colectivos.
En Aprendo Galego temos de todo!
viernes, 13 de marzo de 2020
Suspensión de actividade lectiva no colexio
Debido á suspensión de actividade lectiva nos centros de ensino, a mellor maneira de seguir en comunicación co meu alumnado é este blog no que veño enlazando, xa desde fai tempo, todas aquelas actividades interactivas que me parecían interesantes.
Hoxe só vos propoño ler a fin de semana ou traballar nalgunha das entradas do blog que vos interese.
A partir do luns, xa que tedes o material na casa , irei recomendando algunhas actividades.
Boa fin de semana!
jueves, 5 de marzo de 2020
miércoles, 4 de marzo de 2020
martes, 3 de marzo de 2020
Tablas de multiplicar
Las dificultades que nos encontramos en la división muchas veces se deben a que no nos sabemos bien las tablas de multiplicar. Para aquellos/as que necesiten : Tablas de multiplicar.
¡Incluso hay una prueba contrarreloj y un diploma!
lunes, 2 de marzo de 2020
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






