viernes, 9 de octubre de 2009

Agudas,graves ou esdrúxulas?

Decide se son agudas, graves ou esdrúxulas.

Laboratorio on line

Se queredes realizar sinxelos experimentos na casa, hai unha páxina que suxire algúns. Entra no seu Laboratorio e experimenta!

lunes, 5 de octubre de 2009

Contos para os mais pequenos

Se tedes irmáns pequenos non deixedes de visitar con eles ou elas esta páxina con contos, fábulas, videocontos, contos interactivos... Podedes compartir un tempo xenial! Eu aproveitareina para os meus sobriños.

Reglas de ortografía

Como un de vos me pediu exercicios de ortografía, aquí tedes unha páxina moi completa sobre este tema e ao mellor algún mais se anima a comprobar que tal anda nisto da ortografía en Lengua Castellana.

Lío de palabras

Non sabes se unha palabra é substantivo, verbo, adxectivo...?
Non sabes se un substantivo é contable ou non, individual ou colectivo...?
Podes facer un repaso nesta páxina: Lío de palabras.
Que aínda non tes claro o dos sustantivos?

Predicción meteorológica

Lembrades que fai uns días tivestes que facer unha predicción meteorolóxica en Lingua Castelá? A ver se o fixestes tan ben como este periodista ou meteorólogo virtual!

Números e operacións

Se queredes repasar números naturais e operacións podedes ir á páxina de recursos de Anaya.
Se vos atrevedes a buscar números desaparecidos...
E como andades de cálculo mental?
Se queredes traballar cos números, incluso cos romanos, facede clic e xa está.

miércoles, 30 de septiembre de 2009

As meninas de Velázquez

Xa que en Plástica o próximo traballo que imos a facer está relacionado coas Meninas de Velázquez,se queredes ir vendo algo de información sobre o tema atoparédela nun blog cun nome moi poético: alegría e cor.
Se queredes tamén podedes visualizar distintas versións das Meninas despois de Velázquez.

martes, 29 de septiembre de 2009

Queredes recorrer mundo coa lingua?

Seriades capaces de distinguir en que país estades simplemente vendo a televisión? Comprobádeo nesta páxina: As tres mellizas no Bosque das Palabras.

lunes, 28 de septiembre de 2009

Ola 6º B!

Benvidos ao curso 2009/2010 que espero que sexa o último no CEIP Ponte dos Brozos porque, se todo vai ben, o próximo ano iredes ao Instituto e empezaredes unha nova etapa da vosa vida.
Así que, a traballar moito para prepararse para todos esos cambios!