martes, 30 de abril de 2024
lunes, 29 de abril de 2024
Letras Galegas 2024
Este ano a homenaxeada é Luisa Villalta, escritora, docente, filóloga, violinista e tradutora moi vencellada a Oleiros.
Para aprender máis sobre ela podemos aproveitar moitos recursos que atopamos:
miércoles, 24 de abril de 2024
As plantas
Como estamos a facer o caderniño sobre as follas das árbores do colexio, subo a continuación un enlace a unha presentación con información interesante en galego:
Ademais, enlazado no blog do Club de Ciencia está o libro sobre as árbores do colexio.
martes, 23 de abril de 2024
23 de abril - Día do Libro
O Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor foi fixado por la UNESCO en 1995. Arredor desa data, o 23 de abril, morreron tres grandes da literatura universal. Miguel de Cervantes , William Shakespeare e Garcilaso de la Vega.
No noso centro , para celebralo, imos facer lecturas compartidas no patio, aproveitando o bo tempo. Os maiores lerán aos pequenos ,tendo así unha hora de ler distinta.
Tamén se fixo unha exposición fotográfica Bookface grazas á participación de moitas familias.